Ribeira do Tea

CLASIFICACIÓN DA III RIBEIRA DO TEA

PRESENTACIÓN DA CARREIRA

Este ano 2018 cele

bramos a terceira edición da carreira Ribeira do Tea, a cal esperemos que teña gran éxito de participación e que os corredores que veñanlles guste o percorrido e a organización, para así poder facela durante moitos anos mais.

Contaremos con duas distancias, una carreira de 2 km para as categorías juvenil e infantil e 16 km para absoluta e veter

ano.

Esta carreira é un pouco especial o discorrer o carón do río Tea, e deste xeito podemos disfrutar das súas fermosas vistas e o seu percorrido cambiante, que cando saimos de Salvaterra do Miño temos pista de 8 metros de ancho e despois o chegarmos hacia Ponteareas pasa a ser un sendeiro de 1,5 metros.

A carreira queremos que cos anos sexa una das citas obrigadas do calendario e que se dea a coñecer os dous concellos que percorremos, os cales agradecemos a súa colaboración dentro das súas posibilidades.

DATOS TECNICOS DA CARREIRA

DATA: domingo 29 de xullo do 2018

HORA DE COMEZO: 10:10 horaspara a carreira de 2 km.

10:30 horas para a carreira de 16 km.

LUGAR DE SAÍDA: Fortaleza de Salvaterra de Miño.

LUGAR DE CHEGADA: Fortaleza de Salvaterra de Miño para a distancia de 2 km.

Ponte romano dos Remedios, en San Roque, Ponteareas para a distancia de 16 km.

DISTANCIA: 2 km para categorías infantil e juvenil.

16 km para absoluta e veteranos.

TIPO DE PERCORRIDO: Camiño de terra e sendeiro

RECOLLIDA DORSAL: Sábado 28 de xullo de 18:00 a 20:00 no Pabillón Alvaro Pino de Ponteareas

Domingo 29 de xullo de 9:00 a 10:00 na Fortaleza de Salvaterra de Miño.

SERVICIO DE GARDAROUPA:            

Recollida de bolsas na Fortaleza ata as 10:00 horas.

SAIDA DO AUTOBÚS:

Os que soliciten servicio de autobús terán que cóllelo no pavillón Alvaro Pino de Ponteareas as 9:00 horas, que os levará ata a saída en Salvaterra de Miño.

CATEGORÍAS ( masculino e feminino)

Infantil 10-11-12-13 anos, que non cumpran os 14 no ano de referencia.

Juvenil  14-15-16-17 anos, que non cumpran os 18 no ano de referencia.

Absoluta

Veteranos A entre 40 e 50 anos, que non cumpran os 51 no ano de referencia.

Veteranos B desde 51 cumpridos no ano de referencia.

PARTICIPANTES E INSCRIPCIÓNS

Podrán participar todas aquelas persoas, maiores de 18 anos na carreira longa e de entre 10 e 17 anos na carreira curta, que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos pola organización, e cumpran as condicións de participación. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.

O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen a continuación:

  • Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma ter un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controles médicos de saúde.
  • A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecimiento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.
  • O/A participante exime de toda responsabilidade á organización que puidese derivarse da súa participación no evento (Ex. Perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesións, atropelos, agresións…)
  • Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis… para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito dirixida o Club Caminhantes do Condado ( Lugar Santa Cruz 10, Cumiar, 36860 Ponteareas.)
  • Os menores de idade deberán presentar á recollida do dorsal unha autorización paterna.

A Organización resérvase o dereito para rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida, ou de darse algunha situación non reflectida en leste, adecuarase ao que dispoña a organización.

INSCRICIÓNS.

Faranse na web www.championchipnorte.es dende o 1 de xuño ata o 27 de xullo.

PRECIO

10 euros para a carreira de 16 km e se precisan servicio de autobús 12 euros.

4 euros para a carreira de 2 km e se precisan servicio de autobús 6 euros.

A inscrición quedará limitada a 200 participantes.

PREMIOS

Se entregarán trofeos para as categorías absoluta (masculino e feminina) e medallas para os tres primeiros do resto das categorías.

DATOS DE INTERÉS PARA O CORREDOR

-Asistencia médica coa presencia de ambulancia é médico.

-Señalización de todo o percorrido.

-Dous avituallamentos liquidos intermedios e outro sólido e líquido en meta.

-Servicio de guardaroupa para os participantes.

-Servicio de duchas e vestiarios.

-Parquin.

-Cortes de carretera no percorrido.

-Servicio de autobuses dende inscripción a saida, para quen o solicíte.

-Bolsa de corredor.

-Agasallos dos patrocinadores.

-Trofeos e medallas.

-Seguro de responsabilidad civil.

REGULAMENTO