Regulamento Ribeira Tea

REGULAMENTO

“III carreira Ribeira do Tea”

PREVIO A CARREIRA

Art. 1º.-  Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e aceptar o presente regulamento.

Art. 2º.-  O club Caminhantes do Condado con CIF: G94095189, razón social Lugar Santa Cruz N 10, Cumiar, Ponteareas. Organiza o domingo 29 de xullo de 2018, a partir das 10:00 horas a “II Ribeira do Tea” sobre un trazado de 16 Km.

Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS.

Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de 18 anos nacarreira de 16 km e de entre 10 e 17 anos nacarreira de 2 km, que o desexen sempre que estean inscritas nos prazos establecidos pola organización, e cumpran as condicións de participación.

Categorías ( masculina e femenina)

  • Infantil 10-11-12-13 que non cumpran os 14 no ano de referencia.
  • Juvenil 14-15-16-17 que non cumpran os 18 no ano de referencia.
  • Absoluta
  • Veteranos A entre 40 e 50 anos, que non cumplan os 51 no ano de referencia.
  • Veteranos B desde 51 anos cumplidos no ano de referencia.

Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.

As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.

O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen a continuación:

Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma ter un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controles médicos de saúde.

A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecimiento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.

Os menores de idade deberán presentar na recollida de dorsais unha autorización paterna.

O/A participante exime de toda responsabilidade á organización que puidese derivarse da súa participación no evento (Ex. Perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesións, atropelos, agresións…)

Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis… para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súaimaxe previa solicitude expresa e por escrito dirixida o Club Caminhantes do Condado ( Lugar Santa Cruz, Cumiar, 36860 Ponteareas.)

A Organización resérvase o dereito para rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida, ou de darse algunha situación non reflectida en leste, adecuar as eao que dispoña a Organización.

Art. 5º.- INSCRICIÓNS.

Faranse na web www.caminhantesdocondado.es dende o 1 de xullo ata o 27 de xullo 2018.

Precio:

  • 10 euros para a carreira de 16 km e se precisan servicio de autobús 12 euros.
  • 4 euros para a carreira de 2 km e se precisan autobús 6 euros.

A inscrición quedará limitada a 200 participantes.

Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS.

Farase o sábado 28 de xullo no PavillónAlvaro Pino de Ponteareas entre as 16:00 e as 17:30

e o domingo na Fortaleza de Salvaterra de Miño entre as 09:00 e as 10:00 do día 29 de xullo,día proba.

O DÍA DA PROBA

Art. 7º.- PERCORRIDO.

Os corredores que pediron servicio de autobús estarán listos as 9:00 no pavillón Alvaro Pino para montarse no autobús que os levará a saida da proba.

As 10:00 horas teremos na saída o control de dorsais para a carreira de 2 km.

As 10:20 horas teremos na saída o control de dorsais para a carreira de 16 km.

A saí daterá lugar na fortaleza de Salvaterra de Miño, as 10:10 horas para 2 km e 10:30 para 16 km.

A proba de 2 km irá dende a Fortaleza ata a rotonda da depuradora e dará volta para rematar no lugar de saída.

A proba de 16 km discorrerá pola ribeira do río Tea, polo sendeiro que usan os pescadores, pasando polas parroquias de Salvaterra de Miño, Pesqueiras, Fornelos da Ribeira, Moreira, Angoares e Ponteareas, para rematar na ponte romana de Os Remedios en Ponteareas. Os corredores completarán un percorrido de 16 km e terán un tempo máximo de 2 horas.

Horario dásaída: 10:30h e fora de control as 12:30h.

Art. 8º.- SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.

A Organización dispoñerádunservizo médico formado por un/a médico, un/a enfermeiro/a eunha ambulancia, situados na zona de saída e chegada.

A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil, segundo a lexislación vixente.

Asímesmo, todo participante non federado, dispoñerá dun seguro de accidentes, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

Estarán excluídos os derivados dun padecimiento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluídos os producidos por desprazamentos a/ou desde o lugar no que se desenvolve a proba.

Art. 9º.- DESCUALIFICACIÓNS.

O servizo médico da competición e o director de carreira están facultados para retirar da carreira a calquera corredor:

  • que manifeste un mal estado físico evidente
  • que non realice o percorrido completo que non teña dorsal quen leve o dorsal adxudicado a outro corredor quen proporcione ou omita datos erróneos, co fin de participar na proba que manipule a publicidade do dorsal ou o numero que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.   

Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS.

Toda persoa que corra sen estar inscrita, será retirada da proba, non estará cuberta pola Organización.

POSTERIOR Á CARREIRA

Art. 11º.- PREMIOS E SORTEO DE AGASALLOS.

Haberá trofeos para as categorías absolutas e medallas para o restante de categorías.