Quedada para subir á Picaraña o 1 de maio de 2019

Como xa saberedes, este ano non se organiza a Subida á Picaraña o 1 de maio. Non obstante, algúns compoñenetes do clube faremos a subida correndo ou camiñando dende a Piscina Municipal de Ponteareas ata a Cruz. Saeremos ás 10:30 da mañá, e o percorrido será o mesmos que nas edicións anteriores da carreira. Ao chegar ás mesas situadas na base da Cruz haberá auga, mazás e algún biscoito ou doce que podamos conseguir. Se queres acompañarnos non tes máis que aparecer na piscina á hora indicada e compartir con nós este evento festivo, non competitivo nin cronometrado, ou ben facelo pola túa conta e disfrutar do día da Romería da Picaraña. Esperámoste!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

A %d blogueros les gusta esto: