19 September, 2018 07:51

I Visita a o Rei Cintolo

O domingo pola manhá saímos emocionados a visitar as covas do Rei Cintolo, o día era de morticeira e chovia a os ratos. Como dicia alguén: "Non hai problema, que na cova non chove" cousa que despois descubrimos que non era certo…
O acceso era una boa costarela onde máis de un xa soplaba, a entrada esta pechada con chave para evitar os vándalos, xa que como vimos as estalactitas, estalagmitas e bandeiras dunha parte foron saqueadas, tendo en conta que a estalagmita é a do crecemento máis rápido e medra 1 cm. cada 100 anos, o daño feito consciene ou inconscientemente non ten prezo, a cova no inicio tinha una importantepoboación de morcegos, e xa deben de estar acostumados á xente. O percorrido é moi fermoso e quedamos moi satisfeitos coas explicacións das formacións xeolóxicas. No primeiro tramo fixemos uns descensos en cordas chegando a una pasarela posta para pasar por riba de un lago subterraneo. A temperatura do interior da cova era moito máis agradable que no exterior. Ó pasar o lago chegamos a "sala da chuvia", a máis grande da cova, entón descubrimos que dentro das covas chove, é máis, chove todo o ano. Despois tomamos un túnel por una zona superior polo cal ia que ir agachado, ese túnel formouse por un rio subterraneo. A cova ten uns 7.500 m. explorados mais dixeronnos que levan preto dos 10.000, ademáis, dispón de dous ríos e outro lago subterraneo e non saben canto queda por explorar, nesta cova apareceron nunha zona de arrastre de augas uns restos dun home de fai preto de 7.000 anos, ainda non descubriron se chegaron a vivir persoas no interior debido o tamaño e complexidade da cova.
Despois de este fermoso recorrido comemos todos xuntos de picnic en Mondonhedo fronte o seminario disfrutando dun fermoso sol. Dende o clube felicitamos e damos as gracias a oficina de turismo de Mondonhedo e a o guía Abel pola sua paciencia e os seus conhecementos da cova, que nos ofreceu un percorrido de máis de 2 horas.

DSC_0413.jpg?height=223&width=400

Xa pasou tempo desta fermosa saída así pois estase a organizar a II Salida ás Cobas do Rei Zintolo animádevos a descubrir estado a máxica e increíble.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

A %d blogueros les gusta esto: