15 August, 2018 21:15

Travesia na zona norte dos Ancares, ascendendo os seus dous cumios máis altos. A ruta parte dende o clásico Porto Ancares, estrada que neste punto a 1649 m fai divisoria entre Lugo e o Bierzo (León), o lugar e un mirador moi transitado onde se pode deixar os vehiculos.

Dende este punto se ascende en dirección sur o Pico Cuíña, que cos seus 1992 m, e o teito dos Ancares. Dista de Porto Ancares e algo máis de 4 km, e antes de facer cume, se debe subir un par de montanas menores que se achegan os 1900 m.

Unha vez no cume, se fai o descenso pola mesma ruta, onde se pode apreciar unha grande panorámica dos maiores montes do noroeste, dende o Teleno ate as Ubiñas.

Se volve a pasar por Porto Ancares e se sigue dirección norte, cara o Miravalles, o segundo teito dos Ancares que dista ida e volta uns 11 km. Nunha primeira subida se pasa polo Mirador de Balouta, a 1713 m, cunhas vistas moi recomendables da contorna e sobre a aldea de Balouta. Máis adiante, co Miravalles na fronte, se pode seguir pola ruta habitual, cruzando unha pedreira, ou máis alternativa, ascender un pouco máis e cruzar pola Cresta Bruteira, a uns 1800 m.

Elexida a ruta alternativa da cresta, este tramo e un pouco máis tecnico, con algúns pases aéreos expostos onde e preciso utilizar as catro extremidades como apoio. Mesmo así, sen mal tempo ou vento, extremando precaucións, se fai perfectamente.

Unha vez rematada a cresta e cordón, nos deixa os pes do Miravalles, o cal ten os últimos 100 m de subida cun forte desnivel ate seu cume, con 1966 m, na divisoria de León con Asturias.

Unha vez nel, se retorna de novo a Porto Ancares nunha ruta-travesia duns 22 km e un desnivel de 1200 acumulados máis ou menos.

Recomendar en verán levar suficiente auga, posto que en toda a zona non ai auga.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

A %d blogueros les gusta esto: